Candia interésase polo estado das instalacións da protectora de animais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, visitou esta mañá as instalacións da sociedade protectora de animais e plantas de Lugo, acompañada do presidente desta entidade, Francisco Javier García Calleja.

Desde o Goberno provincial interésanse polo estado das instalación e quixeron manifestar o seu apoio á continuidade da actividade deste centro de acollida e coidado de cans e outros animais ante a situación de dificultade que atravesa como consecuencia da saturación polo gran número de animais que foron abandonados e agora se atopan nas súas instalacións

A presidenta da Deputación preocupouse polo futuro da entidade e comprometeuse a impulsar distintos apoios para colaborar cunha iniciativa que entende vital para dar solución á problemática do abandono animal.

Como primeira medida o Goberno provincial concederá unha subvención excepcional, por importe de 10.000 euros, que servirán como apoio económico, sen descartar outras vías de colaboración.

A presidenta da Deputación fixo unha visita polas instalacións e comprobou de primeira man o traballo dun equipo que se preocupa polos animais residentes. Candia quixo poñer en valor e recoñecer o traballo que realizan os promotores e responsables desta protectora e felicitar aos empregados e voluntarios, polo seu fondo compromiso a favor dos animais abandonados, unha labor encomiable que denota gran dedicación e entrega.

24 de xullo de 2015 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.