Campaña de sensibilización na provincia de Pontevedra sobre uso seguro do tractor
A maquinaria agrícola constitúe un medio de produción que se fixo imprescindible na actividade agraria, dependendo en moitos casos a rendibilidade das exportacións do bo emprego dos equipos mecánicos. A preocupación pola elevada sinistralidade de tráfico e laboral con tractores, compartida entre a Dirección Xeral de Tráfico e a Xunta de Galicia a través do ISSGA (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral) levou o inicio dunha campaña dirixida a sensibilizar ao usuario destes vehículos sobre os riscos asociados ao seu manexo e condución.
Os Gardas Civís do Subsector de Tráfico de Pontevedra facilitan información sobre as medidas de prevención fronte a volcos (accidente máis común tanto en estradas como en leiras nas que se traballa) e proporcionan consellos de seguridade viaria, a través dun tríptico. Esta campaña informativa e de prevención, combínase coa vixilancia e denuncia no seu caso, das infraccións que se observen.
No ano 2013, houbo 2 falecidos como consecuencia de senllos sinistros viarios, en ambos os casos non facían uso da estrutura de seguridade da cal estaban dotada. No ano 2014 até xuño do actual producíronse 33 sinistros con 1 falecido.
Nos dous últimos anos formuláronse medio centenar de denuncias por non facer uso dos arcos de seguridade nos tractores, ao tempo constatouse como nalgún sinistro con danos materiais de consideración e cuxos condutores facían uso deste elemento funcional de seguridade non se derivaba lesión algunha para os mesmos, a súa eficacia está máis que acreditada.
A tolerancia é cero ante a ausencia do seu uso, constituíndo unha infracción grave tipificada no Regulamento Xeral de Circulación. Todos os tractores de máis de 600 kgrs. están obrigados á súa instalación desde o 11 de decembro de 1984, 1980 ou 1982 dependendo se son lixeiros, medios ou pesados respectivamente.











