publicidade hoxe

Campaña de doazón de sangue en Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) instalará  mañá  unha unidade móbil de transfusión xunto ao Concello de Ribadumia. A unidade estará instalada durante todo o día en horario de 10:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas para que os veciños poidan acercarse a doar.

As unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia percorren todos os puntos da Comunidade para facilitar ós cidadáns o acto de doazón de sangue co obxectivo e a necesidade de acadar 500 doazóns de sangue ó día baixo o lema “Hoxe 500 persoas dependen de ti”.

Esta non é a primeira ocasión na que o Concello de Ribadumia colabora coa CGT para lograr acadar no noso municipio a dose que teñen estipulada por día –a última foi en maio-. Dende o Concello pedimos a máxima difusión e ,sobre todo, participación por parte dos veciños en colaborar neste xesto solidario. 

Antes de cada doazón un médico realizará unha entrevista confidencial para descartar problemas que impidan a súa realización. Poderán asistir á unidade móbil a doar sangue persoas cunha saúde normal, con máis de 50 quilos de peso e cunha idade comprendida entre os 18 e 65 anos. É imprescindible non padecer nin ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue -hepatite B, hepatite C, sífilis ou SIDA-.

14 de xullo de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.