Cambre avanza un principio de acordo con Culleredo e Augas de Galicia
O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, mantivo unha reunión este mesmo mércores co alcalde de Culleredo, Julio Sancristán, e con responsables de Augas de Galicia co fin de alcanzar un acordo sobre a limpeza da senda fluvial do Mero e sobre tres zonas de esparexemento que se pretenden crear a beiras do río que atravesa o concello. En principio, chegouse a un compromiso por parte da entidade autonómica para realizar unha limpeza durante o verán que permita aos veciños de ambos os concellos de gozar da paraxe natural. O obxectivo do goberno, segundo indicou García Patiño, é que leven a cabo polo menos tres limpezas ao ano para os dous concellos que limitan co río e que Augas de Galicia asuma o custo destas rozas periódicas.
Lembrou, ademais, que a competencia sobre o río é autonómica e por tanto débese chegar a un entendemento entre ambas as partes para que os veciños poidan pasear sen dificultade pola senda fluvial. O propósito do goberno local é fixar estas actuacións nun convenio de colaboración para que o río Mero, un dos principais atractivos ambientais e turísticos do municipio, permaneza limpo durante todo o ano. “Houbo unha boa sintonía na reunión e espero que isto se traduza na firma dun acordo que sexa favorable para os veciños de Cambre”, apostilou García Patiño, que xa se emprazou a nova reunión para tratar de pechar este convenio. Polo momento ambas as partes estudarán a forma de facer realidade este convenio de colaboración, unha demanda histórica dos veciños de Cambre.
Por outra banda, outro dos puntos crave da reunión centrouse no tres zonas de esparexemento que reclama o goberno local. García Patiño, cre necesario que estas tres zonas de baño e lecer se fixen no convenio de colaboración para que tamén se arromben con periodicidade e sexan un atractivo máis do río. “Estamos convencidos de que estas negociacións chegarán pronto a bo porto. Queremos levar acabo esta actuación, pero abrigo e máis importante asegurar que o mantemento sexa o adecuado, por iso creo que é necesario fixar esta limpeza no mesmo convenio”, destacou o primeiro edil.