Bueu acolle un concerto de gospel para a axuda do banco municipal de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Este domingo celebrarase un concerto de gospel solidario ás 22 horas na Praza Massó. O obxectivo deste evento, organizado pola Asociación Cultural Evanxélica Revive en colaboración co Concello de Bueu e de Gospel Vida,  é conseguir existencias para o Banco Municipal de Alimentos. Así, para entrar será necesario achegar 1 kg de alimento non perecedoiro.

A Asociación Gospel agarda superar os 350 kg que se recolectaron no concerto de Nadal.

28 de xullo de 2015 | 12:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.