Bueu acolle a presentación do libro de Francisco Rodríguez ‘Qué es la fotografía’
O xoves 23 de xullo a sala Domínguez Búa acollerá a presentación do libro “Qué es la fotografía” a partir das 21 horas. No acto falarán o autor Francisco Rodríguez Pastoriza e o escritor Xaime Toxo. O libro recolle unha breve historia dos xéneros, movementos e grandes autores da arte fotográfica e axudaranos a ampliar a nosa cultura das imaxes dunha forma amena e o máis resumida posible. Francisco Rodríguez é actualmente profesor de Fotografía Informativa na Universidade Complutense, e conta cunha longa traxectoria como xornalista e colaborador de importantes publicacións, así como autor doutros libros centrados na cultura do audiovisual. O acto está organizado pola Librería Miranda e conta coa colaboración do Concello de Bueu.











