Borja Domínguez xogará cedido no Racing de Ferrol
O centrocampista celeste Borja Domínguez xogará a próxima tempada cedido no Racing de Ferrol segundo o acordo alcanzado esta mañá polos clubs. O medio centro do Celta B incorporarase de maneira inmediata á disciplina do cadro ferrolán, encadrado no Grupo Primeiro da Segunda División B e que na pasada campaña disputou a fase de ascenso a Segunda División. O Real Club Celta deséxalle moito éxito durante esta cesión ao conxunto ferrolán.











