Benja convértese na cuarta fichaxe do Alondras CF

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+

O Alondras continúa a confeccionar a súa plantilla para a vindeira tempada. Nesta ocasión tocou reforzar a dianteira coa chegada de Benjamín Gómez, Benja. Benja é un dianteiro con moita habilidade. Conta cunha gran capacidade para asociarse e tratase dun claro dominador do xogo combinativo. Na campaña pasada xogou a súa segunda tempada consecutiva no Pontevedra con quenacadou o ascenso a 2ªB, tras disputar 16 encontros de liga regular.

Súa primeira experiencia en categoría senior foi co Celta B na 2ªB no curso 2010/2011. Despois estivo cedido un ano no Rápido de Bouzas para regresar, naseguinte campaña, a xogar en terceiraco Celta B.

Benja é un xogador do gusto do novo adestrador do Alondras, Jacobo Montese chega a Cangas para intentar aportar máis gol á dianteira alondrista de cara a unha ilusionante vindeira campaña. 

8 de xullo de 2015 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.