Benestar Social de Cangas aporta unha axuda a Aspamsim a través dun convenio de colaboración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A concellería de Servizos Sociais e Benestar firmaba esta mañá un convenio de colaboración coa Asociación de Pais de minusválidos psíquicos do Morrazo (ASPAMSIM) para promover e apoiar as actividades encamiñadas á mellora das persoas con discapacidade.

A través deste convenio, preténdese sufragar os gastos derivados da realización das actividades desenroladas por ASPAMSIM, cunha contía de 3000 euros co obxecto de que se leven a cabo as actividades propias do seu obxecto social. A achega económica é compatible con outras achegas económicas outorgadas para a mesma finalidade.

ASPAMSIM

Esta asociación, sen ánimo de lucro, ten como obxectivo a normalización das persoas con discapacidade, potenciando as súas capacidades persoais e satisfacendo as necesidades deste colectivo.

Tras 27 anos, o Concello considera que se trata dunha labor de interese público e social. Dende a concellería de Servizos Sociais e Benestar denuncian que teñan que ser asociacións quen se encarguen de levar a cabo este traballo, así como a falta de axudas por parte de organismos institucionais.

17 de xullo de 2015 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.