Belén do Campo reúnese co comandante das unidades da Forza de Acción Marítima de Ferrol

Belén do Campo na reunión con Ignacio Frutos
A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo hoxe un encontro co comandante das Unidades da Forza de Acción Marítima de Ferrol, o capitán de navío Ignacio Frutos, que deixará o cargo con motivo da súa xubilación. Do Campo aproveitou a xuntanza para agradecerlle o traballo no desempeño da súa labor ao longo dos dous últimos anos, así como a colaboración amosada coa Administración autonómica desde a institución que representa.
A delegada tamén confirmou a asistencia ao acto de entrega de mando ao capitán de navío Fernando Luís Álvarez, que terá lugar o vindeiro 31 de xullo. O comandante da Forza de Acción Marítima é o mando orgánico dos patrulleiros, remolcadores e unidades auxiliares con base de estacionamento en Galicia e da unidade de mergulladores de Ferrol. Así mesmo, desenvolve os cometidos de comandante naval para a zona de Ferrol e A Coruña.











