Belén do Campo recibe ao novo delegado de Defensa en Galicia, Juan Carlos Sancha

Belén do Campo na reunión co novo delegado de Defensa
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo hoxe no seu despacho do edificio administrativo de Monelos a primeira reunión de traballo co novo delegado de Defensa en Galicia, o coronel Juan Carlos Sancha, que substitúe no cargo ao capitán de navío, José Abad. No encontro, ambos manifestaron a súa disposición a estreitar a colaboración entre as dúas institucións que representan.











