Belén do Campo mantén unha reunión de traballo co alcalde de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Belén do Campo na reunión co alcalde de Ordes

Belén do Campo na reunión co alcalde de Ordes

A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, recibiu no seu despacho ao alcalde de Ordes, José Luis Martínez, e a varias concelleiras do goberno local. Trátase do primeiro encontro desde que o novo rexedor chegara o cargo, tras as eleccións do pasado 24 de maio. Na reunión, Do Campo e o primeiro edil analizaron os distintos proxectos que a Xunta está a desenvolver na localidade, así como as necesidades actuais que presentaron os representantes municipais.

Neste senso, tanto a responsable autonómica como o local acordaron as principais liñas de actuación no municipio en ámbitos tan diversos como o educativo, no que se analizou a situación dos colexios e do transporte escolar, o das infraestruturas, facendo fincapé na mellora das redes viarias e de abastecemento e sanemeamento, no avance dos procesos de concentración parcelaria aínda abertos en Ordes ou na adecuación dos servizos do polígono industrial. Do mesmo xeito, Do Campo e Martínez tamén estudaron as distintas liñas de subvencións abertas polo Goberno galego para o financiamento de distintos proxectos na localidade e destacaron a súa aposta por incrementar o benestar dos habitantes do concello e a atención de todas as necesidades sociais que se detecten.

Desta forma, a delegada territorial trasladou ao rexedor de Ordes “todo o diálogo e colaboración”, así como o apoio da Xunta, co fin de obter a cooperación necesaria coa administración local para dar resposta ás demandas das veciñas e veciños.

17 de xullo de 2015 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.