Belén do Campo asiste ao acto de entrega de mando da Unidade de Forza de Acción Marítima de Ferrol

Belén do Campo no acto de entrega de mando
A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu hoxe á entrega de mando da Unidade de Forza de Acción Marítima de Ferrol ao capitán de navío Fernando Luis Álvarez, que substitúe no cargo ao capitán de navío Ignacio Frutos. Ao acto, que tivo lugar no Arsenal de Ferrol, tamén acudiu o subdirector do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto.











