Beatriz Mato aborda co alcalde das Nogais as liñas de colaboración en beneficio da localidade

Beatriz Mato na reunión co alcalde das Nogais. Foto: X. Crespo
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde das Nogais, Jesús Manuel Núñez, co fin de abordar diversos temas de interese para a localidade.
En concreto, avanzaron na concreción de distintas liñas de colaboración, tanto en materia de emprego e formación, como na área de servizos de benestar, especialmente no referido á atención aos maiores. Ao respecto deste último punto, acordaron retomar as conversas a partir de setembro para seguir concretando a cooperación entre ambas administracións.