Bautismo de mar para persoas de mobilidade reducida a bordo da Roncadeira

A Roncadeira
Aínda que o día de hoxe presentouse gris, as condicións de vento permitiron que “A Roncadeira”, a gamela tradicional guardesa de vela adaptadas puidese navegar polo porto da Guarda para ofrecer un “bautismo de mar” a persoas con mobilidade reducida dentro dos eventos organizados polo Concello na “V Mostra das Tradicións Mariñeiras”.
Acompañados por unha embarcación de apoio e outras embarcacións de vela lixeira do Club Alagua, a gamela navegou por augas tranquilas cun vento suave que permitiu facer varios paseos polo porto e mesmo saír pola bocana para botar unha ollada á vila da Guarda desde fóra dos espigóns. O concello da Guarda pretende continuar con estas actividades en colaboracion co Club deportivo Alagua que ten as súas instalacións en Camposancos.











