Avanzou no coñecemento dos xenes implicados na síntese e regulación de compostos biosaudables
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), no marco da tese doutoral realizada por Tamara Sotelo Pérez na Misión Biolóxica de Galicia (MBG, Pontevedra), avanzou no coñecemento dos xenes implicados na síntese e regulación de compostos biosaudables nas brásicas e observou que as follas destes cultivos posúen maior capacidade antioxidante e os brotes maior concentración de glucosinolatos.
Estes resultados abren, por tanto, novas posibilidades para os programas de mellora xenética das brásicas, tradicionalmente dirixidos a conseguir cultivos máis produtivos e resistentes a enfermidades e que agora, tamén, poden dirixirse a conseguir cultivos máis saudables











