publicidade hoxe

Asínase o contrato de obras para crear unha rede de saneamento en Outeiro por 95.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e un representante da empresa Exoga (Excavaciones y Obras Públicas de Galicia SA) veñen de asinar esta mañá na Casa do Concello o contrato administrativo de obras para a creación dunha “Rede de saneamento en Outeiro, parroquia de Rus”, incluída no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS) 2015. A empresa adxudicataria encargarase dos traballos por un prezo de 95.000 euros, sobre un orzamento de licitación de 107.150,16 euros.

A través do proxecto crearanse 819 metros lineais de novas canles e 24 pozos. O prazo de execución previsto é de catro meses a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de reformulo. Hai que lembrar que o POS 2015 ten un importe que supera os 600.000 euros e que esta cantidade destínase a melloras no medio rural para dotar de novos saneamentos que continúen a completar a rede do municipio e para o acondicionamento de vías nas parroquias de Entrecruces, Oza, Rus, Cances, Ardaña, Artes e Sofán.

O POS recolle cinco proxectos, ademais do asinado hoxe, entre eles o de “Sobreanchos e reparación en varios camiños das parroquias de Ardaña, Artes, Sofán e Rus no Concello de Carballo”, cos que quedarían mellorados arredor do 95 por cento das vías estruturantes do municipio; a “Mellora de capa de rodaruda no lugar de Cances Grande, parroquia de Cances”; a creación dunha “Rede de saneamento en O Rodo, parroquia de Oza”; e a “Reparación dos viais secundarios na parroquia de Entrecruces”.

22 de xullo de 2015 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.