As vinte alumnas co Curso de Fruticultura Ecolóxica de Lousame realizan a práctica de poda de froiteiras

Curso de fruticultura ecolóxica
As vinte veciñas que participan no curso de fruticultura ecolóxica organizado polo Concello de Lousame tiveron hoxe a súa primeira sesión práctica, consistente nunha sesión de poda en verde de froiteiras de oso, pebida e kiwis. Un curso totalmente gratuíto, de 25 horas de duración e dirixido a mulleres veciñas de Lousame, xa que está incluído dentro do Programa de Fomento do Autoemprego das Mulleres subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.