As vindeiras feiras celébranse en Pontevedra os venres 10 e 24 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Ao coincidir as festividades de San Bieito e a de Santiago en sábado, o Concello vese na obriga de cambiar a celebración da feira da Xunqueira para as vésperas. A Concellaría de Persoal e Réxime Interior, que tamén ten competencia nos mercados municipais, acordou trasladar esas dúas feiras para os os venres 10 e 24 de xullo, e non os sábados 11 e o 25 tal e como estaban previstos. Aínda que se varían as datas, mantense a situación actual da feira na rúa Rafael Areses.

8 de xullo de 2015 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.