As últimas tendencias en combinados chegan ao Centro Comercial Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O vicepresidente da Asociación Galega de Barmen (Agaba), Diego Mosquera, considerado o Ferran Adrià da coctelería, impartirá mañá, ás 20:30 h. e na terraza do Centro Comercial Arousa (2ª planta), un taller no que mostrará aos asistentes as últimas tendencias en coctelería de verán e no que elaborará de forma práctica algúns dos combinados máis demandados tradicionalmente polos consumidores nesta época, así como outras propostas suxestivas e innovadoras, para todos os gustos.

Ao longo do taller, Mosquera guiará aos asistentes na preparación de diferentes tipos de copas frescas, ideais para gozar en casa durante as veladas estivais, sós ou en boa compañía, de sinxela preparación, e que destacan pola súa lixeireza, carácter afrutado e o emprego de ingredientes naturais.

Elaborará, con froitas frescas e paso a paso, combinados tan populares como os tradicionais mojitos, orixinarios de cuba e cuxos ingredientes principais son o ron, a lima ou a menta, pasando polo daiquiri, feito a partir ron branco e zume de limón ou lima, ou a caipirinha, típica de Brasil. Tamén ensinará a realizar un refrescante sorbete de mojito, tés xeados de diferentes sabores, smoothies similares aos batidos, pero de maior cremosidade-, e frappés de froitas, ambas as bebidas moi de moda entre as celebrities.

O taller será de carácter gratuíto e de acceso libre até completar aforamento. Unha vez finalizado, as receitas dos diferentes cócteles poderanse consultar na páxina de Facebook do centro comercial.

15 de xullo de 2015 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.