As festas arrancan en Pontevedra co San Bieito, o Memorial Ricardo Portela e os actos do Orgullo
A Concellaría de Festas xa ten todo listo para o inicio das primeiras celebracións do verán. O San Bieito, o Memorial Ricardo Portela e as celebracións do Orgullo son os que centran esta fin de semana.
Ao respecto do San Bieito prodúcese unha novidade ao respecto de anteriores edicións. Non haberá mexilloada popular dado que o mexilón está en veda, polo que será substituido por empanada. A programación do San Bieito deste ano é:
• 10.30 h. Saída dos grupos de música tradicional desde o Concello até os salóns do Lérez. Os Gaiteiros das Rías Baixas.
• 11.30 h. Romaría popular na praia fluvial do Lérez.
• 11.45 h. Actuación dos gaiteiros das Rías Baixas e Os Alegres.
• 12 h. Degustación de empanada.
• 13 h. Concerto da Banda de Música de Pontevedra, no adro do Mosteiro de San Bieito de Lérez.
• 17 h. Actuación do grupo Pandeireteiras de Auturuxo Pequeno, nas beiras do Lérez.
• 22 h. Verbena no adro do Mosteiro de San Bieito de Lérez. Orquestra Salsa Costa.
Sobre o Memorial Ricardo Portela, adicado este ano a Manuel Viqueira, cabe destacar a súa programación:
• Venres, 10 de xullo
o 17 a 21.30 h. XIII Mostra de artesáns de instrumentos tradicionais na praza da Ferraría
o 20 h. Pasarrúas de Picuíña
o 21 h. Actuación de Xistra de Coruxo, na Ferraría.
• Sábado, 11 de xullo
o 11.30 a 14 e de 17 a 21.30 horas. XIII Mostra de artesáns de instrumentos tradicionais, na Ferraría
o 12 h. Pasarrúas do grupo Contracocheno
o 19.30 h. Pasarrúas dos grupos Gomes Mouro e Berros do Castro o 21 h. Homenaxe a Manuel Viqueira na Ferraría
o 21.15 h. Actuación do Coro Novo Aires da Terra, na Ferraría. Nesta fin de semana tamén se centran os actos do Orgullo que serán o sábado
• de 12 a 22 horas coa Free Love Party. Romería Urbana no Campiño de Santa María, con xantar no Quente e sesións durante toda a tarde con DJ`S.
• 22 h. Polbada no PTV
• 00.00 h. Festa no Karma











