As análiticas de Emafesa confirman a calidade da auga do suministro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

As analíticas realizadas por Emafesa neste venres seguen a constatar a calidade da auga que se suministra aos Concellos de Ferrol, Narón, Fene, Neda e Mugardos, e presenza baixa de trihalometanos.

Na toma de mostras realizada por Emafesa constátanse uns valores de presenza de trihalometanos de 9’41 na saída da ETAP (Estación de potabilización) de Catabois, e que aínda que sufren variacións nos distintos puntos nos que se realizan as tomas, están alonxados de valores que sexan considerados preocupantes.

O edil de Servizos, o socialista Bruno Díaz, realizou hoxe mesmo unha visita ás instalacións da ETAP de Catabois, para verificar o seu funcionamento e falar directamente cos traballadores, como parte da xestión rutinaria da súa concellería. 

Bruno Díaz lembrou que os grupos da oposición foron convidados a realizar unha visita a estas instalacións, para poder coñecer o seu funcionamento e formular as dúbidas que teñan aos traballadores, unha visita que está pendente de confirmar, en canto así o desexen os concelleiros da corporación municipal.

Esta invitación a unha visita, que se realizará nos próximos días, tamén se fará extensiva aos representantes municipais dos demáis Concellos. 

23 de xullo de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.