Arrinca a marcha de vítimas do accidente do Alvia que vai até a curva da Grandeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

Máis dun centenar de persoas, entre as que se atopan familiares e vítimas do Alvia que descarrilou o 24 de xullo de 2013, iniciaron unha marcha a berros de “xustiza” nunha mobilización que os levará até o lugar do sinistro tras asistir a unha misa na Colexiata de Sar, na capital galega.

Durante a mañá deste venres, as vítimas celebraron unha concentración na Praza do Obradoiro na que reivindicaron a apertura dunha comisión de investigación sobre o sinistro, no que faleceron 79 persoas e máis dun centenar resultaron feridas.

Á homilía acudiron tamén veciños do barrio de Angrois e nela, o sacerdote, trasladoulles o seu convencemento acerca de que “o Apóstolo intercede polos defuntos”.

Ademais, lamentou as “causas imprevistas” polas que tivo lugar o accidente e chamou a “porse na pel de quen sofre a dor do que perdeu un esposo ou unha esposa, ou un fillo ou unha filla violentamente”.

24 de xullo de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.