publicidade hoxe

Apróbase a modificación puntual que permite desenvolver un polígono industrial de titularidade municipal na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal Portada
A-
A+

A Xunta de Galicia aproba definitivamente a modificación puntual que permite desenvolver un polígono industrial de iniciativa municipal no Concello da Cañiza. O Consello da Xunta, na súa reunión desta mañá, aprobou o proxecto de decreto de aprobación definitiva de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Cañiza. Esta nova instalación industrial estará situada nos antigos terreos do matadoiro municipal, que na actualidade está en desuso.

Trátase dun ámbito de 51.894 m2, que pasará a clasificarse como solo urbanizable delimitado industrial terciario con ordenación detallada, ao tempo que desenvolve outros usos, dotacional e de zonas verdes. 

Tal e como se recolle na modificación aprobada, as superficies equivalentes de equipamento e zona verde que se suprimen compensaranse cun solo próximo, contiguo a unha área de equipamentos docentes xa existentes doutro lado ao enlace da autovía, máis próxima ao centro da Cañiza, nuns terreos que quedaron despois da execución do enlace entre a A-52 e a N-120. 

O interese público desta actuación, tal e como esixe o artigo 94.1 da Lei do solo, xustifícase pola implantación de usos produtivos necesarios incorporando actividades económicas

2 de xullo de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.