publicidade hoxe

Apróbanse as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Burgo-Vilarmaior-Camba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro Caldelas
A-
A+

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución nova ventapola que se comunica a aprobación das bases definitivas da concentración parcelaria de Burgo-Vilarmaior-Camba, no concello ourensán de Castro Caldelas.

Con este anuncio rematan todos os trámites relativos á identificación dos propietarios das fincas achegadas, determinación exacta da superficie e clasificación dos terreos, entre outros.

As devanditas bases estarán expostas ao público na Casa do Concello de Castro Caldelas e nos lugares de costume. Os propietarios beneficiados por esta concentración parcelaria dispoñen dun prazo de 30 días para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar.

Reorganización

A concentración parcelaria da zona de Burgo-Vilarmaior-Camba afecta a 1.263 hectáreas e permitirá a reorganización da propiedade de 5.718 parcelas, pertencentes a 609 propietarios. Ata o de agora lévanse investido algo máis de 300.000 euros nos traballos de preparación das bases provisionais e definitivas, na elaboración dos planos parcelarios e na confección do proxecto de rede de camiños.

30 de xullo de 2015 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.