Apertura dun prazo de 10 días para reclamar e presentar documentación ás admisións do Concilitardes
A Concellería de Benestar abre hoxe o prazo de 10 días hábiles para que as familias interesadas poidan subsanar documentación ou presentar as reclamacións que consideren oportunas. A lista provisional de alumnos e alumnas admitidas no servizo de conciliación para o curso 2015/16 foi aprobarada pola Xunta Local de Goberno na reunmión de onte, polo que xa se pode consultar no taboleiro de anuncios da web municipal.
Na lista figuran tanto os alumnos provisionalmente admitidos como os que, en principio non acceden a praza. Tamén se especifica a documentación que lles falta a algunhas das familias e que deben presentar no prazo sinalado a través do rexistro xeral do Concello, de igual xeito que as reclamacións.
O programa “Conciliatardes, Tardeas coa Infancia” ten como obxectivo facilitar a vida familiar, persoal e laboral das familias con fillos menores que non teñen clase pola tarde e que non teñen quen dea conta deles mentres os pais traballan. A oferta de prazas ascende a 30. O servizo está dirixido a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2007 ao 31 de decembro de 2012,











