publicidade hoxe

Apertura do prazo de reserva do Local de Ensaio de Salceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

A Concellaría de Cultura do Concello de Salceda de Caselas ven de abrir o prazo para que os grupos e solistas realicen as súas solicitudes para poder empregar o Local de Ensaio que ven de habilitarse nas instalación da antiga depuradora, na zona das Riveiras. O prazo de reserva permanecerá abertodende o martes 21 de xullo e ata o sábado 8 de agosto, e os grupos e solistas interesados deberán cubrir o impreso que se lles facilitará no rexistro do Concello de Salceda.

Os requisitos a cumplir polos solicitantes aparecen recollidos no Regulamento de Uso do Local de Ensaio, que lles será facilitado xuntoco impreso de solicitude de espazo.

O Concello de Salceda de Caselasrehabilitouo edificio da antiga depuradora, de cara a súa transformación nun local de ensaio para os moitos grupos de música con que conta o municipio.

A concelleira de Cultura, Teresa Pérez, explicaba que a estrutura da antiga depuradora, cumpría con dous requisitos moi importantes “permitir a súa fácil reconversión  e estar un tanto afastado das vivendas, co que se evitan as molestias que puidera ocasionar”.

A existencia dun local de ensaio, dotado coas instalaciónsesixibles a este tipo de instalacións, permite o “desenvolvemento da creatividade musical dos nosos mozos e mozas”, asegura Teresa Pérez, e da resposta “a numerosas peticións formuladas por diversos colectivos neste sentido. Ten as características precisas para os grupos aos que vaidirixido. En Salceda temos claro que a música, como expresión artística e vehículo de cultura, precisa apoios e, neste caso, nada mellor que dotar aosveciños e veciñas, dun local onde poder facer os necesarios ensaios”.

21 de xullo de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.