Apertura do prazo de inscrición no curso gratuíto de iniciación á fotografía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A partir de hoxe e durante todo o mes de xullo e agosto, estará aberto o prazo para inscribirse no curso de iniciación á fotografía que organiza o Concello de Bueu no marco do Plan Actívate 2015 da Deputación de Pontevedra. O curso será gratuíto e vai  destinado a mozos e mozas de 16 a 35 anos. Para a inscrición os interesados terán que achegar o modelo de solicitude descargable na páxina web do Concello, a fotocopia do DNI e a tarxeta de demandante do emprego (de ser o caso).

Ofértanse un total de 25 prazas e para participar é imprescindible dispoñer de cámara reflex.

As datas de realización previstas son do 13 de outubro ao 17 de novembro de luns a Xoves en horario de 20 a 22 horas no IES Johán Carballeira.

1 de xullo de 2015 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.