publicidade hoxe

Alba Trigo termina décima no Europeo de Optimist

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosDeportes
A-
A+

Desde o 17 até o 24 de Xullo celébrase en Pwllheli (Gales) o Campionato de Europa da clase Optimist. Formando parte do Equipo Nacional desprazouse a moza cambadesa Alba Trigo para afrontar a súa primeira competición oficial representando a España.

O formato de competición estipulaba fase de clasificación e finais. Os primeiros días as condicións foron duras e Alba realizou un magnífico papel entrando no Grupo Ouro das 49 mellores optimistas de Europa, para pechar posteriormente unha excelente fase final e conseguir acabar 10ª clasificada .

Hoxe terminou a competición en Gales con 10 mangas disputadas e coa nova regatista do RCN Sanxenxo e da Selección Galega de Vela gañando a última manga e ascendendo 30 postos tras unha serie final de 6ª, 10ª e 1ª.

Julia Miñana, compañeira de selección de Alba faise co título continental a falta dunha proba.

As condicións meteorolóxicas foron moi duras en canto a vento, onda e temperatura para estas épocas do ano. 

24 de xullo de 2015 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.