Adicam organiza en Cangas unha masterclass benéfica de zumba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Asociación de Diagnóstico de Cancro de Mama (ADICAM) celebra en Cangas unha clase maxistral de zumba en beneficio ao pequeno Mateo. A clase terá lugar este sábado día 11 de xullo ás 21:30 horas na Alameda Vella. A asociación organiza dende o pasado inverno actividades co fin de predicar hábitos saudables, baseándose principalmente na prevención a través do exercicio e a alimentación.

A profesora de zumba, Nerea Sotelo, que xa ten preparado diferentes actividades para a asociación, confía en superar a anterior clase maxistral, na que participaron máis de 200 persoas. A presidenta de ADICAM, Fina Acuña, explica que estas actividades dan visibilidade á asociación e  aproveitan o período estival “para realizar actividades ao aire libre”. 

A clase, á que poderán acudir todas as persoas que así o desexen, terá un custe benéfico de 3 euros.

8 de xullo de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.