Ábrese ao disfrute veciñal a nova zona verde da rúa Filgueira Valverde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra puxo a disposición dos veciños a nova zona verde acondicionada na rúa Filgueira Valverde, situada na Unidade de actuación número 18. Neste ámbito, Parques e Xardíns crearon unha zona de lecer e de estar para os veciños do barrio. Os traballos consistiron na retirada da capa de terra e de herba, que foi substituída por céspede, e plantáronse diversas especies arbóreas e arbustivas. Tamén se crearán camiños para permeabilizar a parcela e facer que estea ben comunicada coas rúas Filgueira Valverde e Poza dos Canos.

Na estrema con Filgueira Valverde plantáronse jacarandás, así como liquidámbar alternativos con parterres de céspede para tapar a medianeira dos edificios que teñen fachada a Joaquín Costa, e pechando a parcela no lado oposto a Filgueira Valverde. Nun dos estremos da parcela plantáronse acacias de tres espiñas, e tamén nos pequenos xardíns da parte enlousada. O proxecto tivo un custe de 60.000 euros.

1 de xullo de 2015 | 11:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.