publicidade hoxe

Abre a súas portas a Piscina Municipal de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

A partir do sábado 4 de xullo, a Piscina Municipal de Ribadumia abre ao público co obxectivo de ofrecer un lugar de ocio e de recreo ós veciños do concello durante a época estival e de congregar a numerosos usuarios. O horario de apertura será de luns a domingo, de 15:00 a 21:00 horas ininterrompidamente.

Cada verán o entorno de Cabanelas convértese no lugar escollido polas familias para pasar o tempo libre, xa que combina as instalacións deportivas –dúas piscinas, cambiadores, xogos infantís e céspede- coa beleza paisaxística do río Umia, o merendeiro, o refuxio de pescadores e o parque infantil.

A seguridade dos bañistas e a calidade no servizo e da auga son os obxectivos co que o Concello veu preparando esta campaña, que contará coa atención de dous socorristas con experiencia en salvamento acuático.

A piscina de Cabanelas ábrese este fin de semana despois de que os operarios municipais acondicionasen todo o recinto e logo de pasar satisfactoriamente a inspección de sanidade e o análise da calidade da auga. 

No que respecta aos bonos para a piscina municipal, o Concello de Ribadumia xa expediu máis de 300 carnés, aínda que o prazo continuará  aberto durante todo o verán. 

En canto ós prezos, para os veciños de Ribadumia con carné supón 1€ a tempada completa – tanto nenos como adultos-. Para os veciños que non estean interesados en facer o abono, o prezo por día é 1,5 € para os menores de 9 anos, e 3€ ó día o resto. 

Por outro lado, os interesados que non están empadroados en Ribadumia e queren facer o carné abonarán 30€ ó mes -menores de 9 anos- e 50€ ó mes o resto. Os prezos por día son iguais para empadroados e sen empadroar. 

2 de xullo de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.