Abel Caballero prevé un cambio de 180 graos na Deputación de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aconsellou ao actual presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, “que se serene e recoñeza que perdeu e gañaron outros” as pasadas eleccións e reclamoulle que “cambie os modos de perdedor”.

Ademais, Caballero, que aclarou que non ten “coñecemento declarable de nada que teña que ver” co pacto entre BNG e PSOE que este venres podería outorgar a presidencia da Deputación á tenente de alcalde socialista, Carmela Silva, trasladou a súa confianza en que este venres “cambie a situación” do organismo provincial e opere “con 180 graos de cambio de rumbo”.

En declaracións aos medios este mércores, o rexedor acusou a Louzán de ter “malos modos de perdedor”, despois de que coas pasadas eleccións teña “unha derrota consistente, unha moi severa perda, moi forte, unha caída importantísima, das máis importantes que houbo en ningunha deputación de España”.

“Vaise mal, vaise queixándose, culpando aos electores que non votaron ao Partido Popular. Vaise desta forma que non convén irse”, recalcou, a colación do que lembrou que isto “é a democracia” e pódese “seguir en política gañando, perdendo, empatando, de todo…, pero hai que ter bos modos, hai que entender a política”.

Así, manifestou que Louzán “teno que asumir” porque “será que o fixo mal”. “El que saque as conclusións que queira, pero se o fai mal os cidadáns téñenlle que dicir que o fixo mal”, incidiu, antes de volver reclamarlle que, “agora que deixa a deputación, saiba perder”. “Na política todos perdemos moitas veces e non pasa nada”, concluíu.

15 de xullo de 2015 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.