A XVI edición da Escola de Verán de Atletismo convértese en todo un éxito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

O pasado xoves botouse o peche á XVI Escola de Verán de Atletismo, que contou coa presenza de preto dun centenar de nenos e nenas de entre os 3 e 13 anos. Durante as case 5 semanas de actividade os participantes viviron o atletismo dunha maneira lúdica, baixo a dirección de adestradores da Sociedade Ximnástica, que encheron as mañás dos mozos pontevedreses de diversión e deporte.

Moitos dos integrantes xa forman parte das Escolas Municipais de Atletismo da Sociedade Ximnástica, pero algúns deles achegáronse ao atletismo por primeira vez e pode ser que a partir de mediados de setembro se inscriban nas Escolas, que comezan o 2 de outubro.

27 de xullo de 2015 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.