A Xunta ofrece a súa colaboración ao Concello de Cangas para clasificar un ámbito de máis de 200.000 m2 como urbanizable industrial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, ofrece a súa colaboración ao Concello de Cangas e á Asociación de empresarios A Portela para acadar a aprobación definitiva da Modificación Puntual das Normas Subsidiarias, que teñen por obxecto clasificar como solo urbanizable con ordenación detallada un ámbito de 205.000 m2. Trátase dun ámbito situado nas parroquias de Coiro e Darbo, clasificado no planeamento vixente como solo apto para urbanizar non delimitado.

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo esta mañá unha reunión cunha delegación do concello de Cangas -encabezada polo alcalde; Xosé Manuel Pérez Varela,- que asistiu acompañado polos técnicos municipais e o presidente da Asociación de Empresarios A Portela, Cándido Santomé Chapela.

Nesta xuntanza abordáronse as cuestións que deberán serán introducidas no documento, como a necesidade de resolver as conexións viarias do sector coas estradas actuais, para tramitar a clasificación de dito ámbito.

Co fin de avanzar cara á aprobación definitiva da Modificación Puntual, a secretaria xeral emprazou ao concello e aos técnicos do ámbito urbanizable a outra reunión que se celebrará proximamente co fin comprobar que se fixeron os axustes necesarios e proceder a aprobación definitiva.

16 de xullo de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.