A Xunta empraza aos concellos de Ferrol e Narón a asumir o funcionamento dos servizos de saneamento da ría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolNarón
A-
A+

A Xunta de Galicia trasladoulles hoxe aos concellos de Ferrol e Narón a necesidade de que ambas as dúas administracións locais cheguen a un acordo para asumir conxuntamente o funcionamento dos servizos de saneamento da ría. O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, reuniuse hoxe cos alcaldes de ambos os dous municipios para analizar o escenario futuro da xestión do sistema de saneamento da marxe norte da ría, unha vez entre en servizo as obras do tramo III de interceptores xerais (Cadaval-Neda).

Estas obras, recollerán parte das augas residuais xeradas no concello de Narón, co que a posta en servizo deste último tramo, supón que os concellos de Ferrol e Narón comezarán a compartir o mesmo sistema de saneamento e depuración, polo que é necesario definir os termos dunha xestión conxunta.

Neste encontro, expuxéronse  as diferentes alternativas para a xestión do servizo de saneamento, encontrado que a mellor solución pasaría por xestionalo de xeito mancomunado.

Augas de Galicia comprometeuse a dar apoio técnico aos concellos e realizar unha proposta mais detallada sobre o posible acordo para asumir o funcionamento do sistema conxuntamente.

29 de xullo de 2015 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.