publicidade hoxe

A Xunta destinou máis de 135.000 euros para o funcionamento do CIM de Ares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+
López Abella na visita ao CIM de Ares

López Abella na visita ao CIM de Ares

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá o Centro de Información á Muller de Ares, acompañada polo alcalde do concello, Julio Iglesias Redondo.

A secretaria xeral, quixo destacar o apoio do Goberno galego a estes centros, que cada ano reciben unha parte moi importante da orde de axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade.

O CIM de Ares recibiu nos últimos anos achegas por parte da Xunta de máis de 135.000 euros. O centro que conta cunha asesora psicolóxica que é tamén directora, cunha asesora xurídica e cun auxiliar administrativo, e ten servizo de teletradución, atendeu o ano pasado a 86 persoas e recibiu un total de 240 consultas.

As axudas dos CIMs teñen por obxecto colaborar coas entidades locais no funcionamento destes centros, coa finalidade de garantir a prestación dun servizo de información ás mulleres e promoción da igualdade, que lles proporcione asesoramento xurídico e psicolóxico; información sobre recursos específicos para mulleres, así como o desenvolvemento de calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes.

Ademais, o Concello de Ares está adherido á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, unha rede encargada de promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e detención precoz de situacións de risco, mobilizando e implicando a toda a sociedade fronte o maltrato e xeneralizando a tolerancia cero contra as persoas agresoras.

3 de xullo de 2015 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.