publicidade hoxe

A XLVI edición do Carneiro ó Espeto culmina cun grande éxito de participación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoraña
A-
A+
Comensales no festexo gastronómico

Comensales no festexo gastronómico

O Concello de Moraña rematou hoxe moi satisfactoriamente a celebración da súa Festa do Carneiro ó Espeto, consolidándose como unha das festas gastronómicas de referencia da Comunidade declarada de interese turístico. A valoración desta XLVI edición é moi positiva por parte do Concello de Moraña xa que acadou unha gran cifra de participación e asistencia. Neste mes de xulloestímase que Morañarecibiumáis de 8.000 visitantes.Ao longo do domingo, o día grande da festividade, a vila moreñense reuniu a máis de 2.000 asistentes no Extraordinario Xantar do Carneiro ó Espeto onde se asaron un total de 107 carneiros ó espeto na Carballeira de Santa Lucía.

A festa, que se celebrouao longo do mes de xullo, acoulleu un amplo programa de actividades-culturais, musicais, deportivas e artísticas, algunhasdirixidasaosmáis cativos coa finalidade de axudarás familias morañenses a conciliar a vida laboral e familiar na tempada de verán. En total, participaron máis de 4.000 persoas nas actividades da XLVI edición do Carneiro ó Espeto. 

Dende o Concello valóransemoi satisfactoriamente os resultados desta última edición da Festa do Carneiro ó Espeto e consideran que “na vindeira edición manteremos esta liña de diversidadenas actividades programadas e de apoioao deporte e á cultura”, tal e como afirmou a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro. 

26 de xullo de 2015 | 15:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.