A Tapa Bacalao a la Matineé da Tapería Matineé gaña a II Ediciòn de Destápate por Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Tralo reconto de todos os tapasportes depositados, na urna habilitada para tal fin na sede social, a tapa “Bacalao a la Matineé” que preparou a Tapería Matineé foi a que obtivo un maior número de votos, concretamente 209, polo que se convirte na tapa gañadora desta II Edición de Destápate por Marín. Bacalao aderezado con salsa acompañado dunha pasta filo, rechea de gambas e unha zamburiña en crema, foi a receita que lle serviu á Tapería Matineé para gañar esta segunda edición. A tapa “Lasaña de Cigalas do Bar Marítimo quedou en 2ª posición con 200 votos e a tapa “Estoque de Pavo con muleta de mostaza” da Tapería El Cortijo con 194 votos obtivo a 3ª posición. A entrega das diferentes distincións aos gañadores efectuarase o vindeiro luns día 6 ás 11 horas na sede social de Estrela de Marín.

1 de xullo de 2015 | 12:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.