A Sociedade Ximnástica levará os seus atletas ao Campionato de España Júnior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Valladolid acolle o fin de semana o Campionato de España Júnior, coa presenza dun importante número de atletas pontevedreses, con 7 deportistas inscritos. Hai que remontarse ao ano 2009, para ver a tantos atletas da veterana Sociedade neste Campionato e ademais cando o ano pasado non houbo representación. Naquela ocasión conseguíronse tres medallas e as previsións indícanse que en terras castelás pódese repetir dita xesta.

Darío Costas no Decatlon, será o primeiro da Ximnástica en saír á pista, ás once menos cuarto da mañá do sábado, terá a súa primeira etapa, os 100 metros. Os 6.367 puntos que acredita este ano, colócano segundo do ranking nacional, co que poderá pelexar polas medallas, pero será un Decatlon moi longo.

Ás once e media comezarán as eliminatorias masculinas do hectómetro con Jon Alonso na liza; non está entre os favoritos e as súas opcións pasan por tentar meterse nas semifinais e despois a pelexar por chegar á final.

Para concluír a xornada matinal do sábado, Manuel Castellanos terá ás doce que lanzar a xavelina de novo ata os 60 metros, xa o fixo este ano en varias ocasións, se o consegue terá opcións de lograr unha medalla.

Ás cinco e media da tarde do sábado, Ricardo Gaya participará no triplo salto, atópase o sexto do ranking e como obxectivo tentará meterse entre as oito mellores tras os tres primeiros saltos.

Hora e media despois de Ricardo, Alfonso Pérez correrá os 400 metros, o medallista nesta proba o ano pasado en categoría xuvenil, non conseguiu baixar esta tempada dos 50 segundos e entrou no Campionato na repesca; veremos de que é capaz.

Ás oito e media da tarde do sábado, tocará a quenda para Jorge Puig nas semifinais dos 1.500 metros, nunha distancia na que este ano conseguiu baixar dos catro minutos e pelexará, como nel é habitual, por coarse na final.

Sergio Paredes terá que esperar ata primeira hora da tarde do domingo, ás catro e cuarto; para comezar no lanzamento de martelo; con 61,46; está o segundo do ranking e separado bastante, tanto do primeiro como do terceiro, polo que a priori ten moitas cartas para subirse ao podio.

2 de xullo de 2015 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.