A Selección Galega da clase Snipe disputa o Campionato de España en Almería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+

A Selección Galega da clase Snipe desprazouse até Almería para disputar o Campionato de España 2015 desde o 16 ao 19 de Xullo.

As tripulacións que representaron a Galicia no Cto. de España foron:

Juán Debén e Pablo Martínez – LC Vilagarcía/RCN Coruña.
Marcos Míguez e José R. Pardo – RCN Coruña.
Jaime Miranda e Marta Pérez – RCN Coruña.
Miguel Cid e Juan Estévez – RCN Coruña.

As condicións meteorolóxicas non acompañaron os días do Campionato con ventos suaves e variables entre 5 e 15 nós de intensidade e temperaturas moi altas. Tras a celebración de 5 mangas a Selección Galega conseguiu colocar a 3 tripulacións no top ten dun total de 56 inscritos.

A actuación máis destacada foi a do regatista do Liceo Casino Vilagarcía Juán Debén que navegou nesta ocasión con Pablo Martínez do RCN Coruña, que terminaron en cuarta posición. Marcos e “Pichis” tamén tiveron unha boa regata taras soamente 4 meses navegando xuntos e finalizaron nunha meritoria oitava praza. A irregularidade durante a regata penalizou á tripulación de Miranda-Pérez tamén do RCN Coruña que terminaron en 13ª posición. Máis discreta foi a actuación do dúo Cid-Estévez do RCN Coruña, cuxo patrón segue recuperándose dunha lesión de nocello e terminaron en 30º posto.

A vitoria final foi para os baleares Jordi Triay e Lluis Barceló do CM Mahón

A próxima cita da flota Snipe será en Talamone (Italia) do 19 ao 26 de Setembro para celebrar o Campionato do Mundo 2015. Galicia ten ás tripulacións de Debén-Martínez e Miranda-Pérez clasificadas para competir polo título mundial.

24 de xullo de 2015 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.