A sala Domínguez Búa presenta o venres 17 o libro de microrrelatos ‘Caleidoscopio’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O vindeiro venres 17 Carmen Quinteiro presenta o seu libro Caleidoscopio no que estará acompañada pola cantante Sheila Patricia. O acto será ás 21 horas na sala Domínguez Búa, e está organizado por Librería Miranda, coa colaboración do Concello de Bueu.

Este primeiro libro inclúe microrrelatos gañadores ou finalistas en distintos certames como o do programa La ventana da cadena Ser, III convocatoria de microcuentos El dinosaurio ou o programa Wonderland de RNE. Nel reflexiona sobre as distintas miradas que ofrece a vida en cada xiro.

Na contraportada deste libro aparece un poema co que Carmen se identifica totalmente:

“Que no todo vale

Pero sí hacerle trampa a los miedos que no hagan nido en mí.

Cable rojo o azul

Sin mapa ni instrucciones,

que por eso a veces salto en mil pedazos;

pero cuando no

aprovecho la tregua

para vestir vidrieras con los restos de mis naufragios.

Y que sigo tapando huecos

Con lo que me traje de infancia en los bolsillos.

Así, a sonrisa y media del suelo,

No me busques en ninguna otra parte”.

9 de xullo de 2015 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.