A rúa Lugo cambiará de sentido a partir do 4 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A rúa Lugo en Ferrol cambiará de sentido a partir do próximo martes 4 de agosto, segundo informou a Policía Local e a concellería de Urbanismo, no tramo comprendido entre o Callao e as Angustias.

Esta modificación do tráfico será visible na propia rúa e adóptase co obxectivo de que mellore a situación da circulación, ante o peche de rúas que se decidiu nesta época estival.

Deste xeito, a rúa Lugo será a partir da próxima semana de saída do centro de Ferrol, dende a praza do Callao ata a rúa San José na zona próxima ao santuario das Angustias. Manterase no sentido habitual no tramo entre a praza do Callao e a rúa do Sol. 

31 de xullo de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.