A praza do Inferniño acollerá o XXXIX Trofeo Cidade de Ferrol de halterofilia

Presentación da proba deportiva
A praza do Inferniño de Ferrol acollerá este sábado 1 de agosto a celebración da edición 39 do Trofeo Cidade de Ferrol de Halterofilia, no que participarán preto de 50 atletas femininos e masculinos.
O Trofeo foi presentado este martes no Concello de Ferrol polo edil de Deportes, Bruno Díaz, e o representante do Clube de Halterofilia, José Meis.
O Trofeo se desenvolverá ao aire libre. Pola mañá, dende as 11:00 horas, terán lugar as probas infantís, e pola tarde, a partir das 16:00, terán lugar as correspondentes aos adultos. No caso de condicións meteorolóxicas adversas, as probas serán trasladas ao pavillón do Ensanche.
O Trofeo contará coa presenza do Campion de Europa Víctos Castro, ademáis de 10 campións de España e o campión universitario junior de España.
Bruno Díaz animou aos cidadáns a presenciar o espectáculo deste Trofeo, que os organizadores prantexaron que se desenvolva ao aire libre como xeito de difundir este deporte entre a cidadanía.











