A praia de Caranza xa é apta para o baño tras finalizar o episodio de contaminación microbiolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A praia de Caranza volve ser apta para o baño, despois de que a última análise de aguas realizada pola Xunta de Galicia, e recibida no Concello de Ferrol este 30 de xullo, teña confirmado a finalización do episodio de contaminación microbiolóxica.

Na análise realizada polo Xunta de Galicia indícase que se atoparon menos de 1500 NMP/100 ml de entreococos intestinais e menos de 1500 NMP/100 ml de Escherichia coli. Estes niveis son aceptables polo que non supoñen un risco para a saúde dos bañistas.

Non obstante, na praia de Caranza manterase o cartel coa cualificación sanitaria final da agua de baño e se seguirá informando aos ususarios regularmente. 

30 de xullo de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.