A praia de Agrelo xa está apta para o baño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

As augas da praia de Agrelo son aceptables para o baño e non supoñen un risco na saúde dos bañistas.  Así o deixa patente un informe da mostraxe recollida o 27 de xullo, tras o episodio de contaminación microbiolóxica que fora detectado o 21 do presente mes.

Así, esta praia volve ter uns niveis aceptables, concretamente de 75 NMP/100 ml de escherichia coli e 31 NMP/ 100 ml de enterococos intestinais, estando o límite da contaminación nos 1500 NMP/100 ml.0

A Consellería de Sanidade enviou este informe por fax ao alcalde de Bueu, o cal se mostra contento porque “este episodio de contaminación rematase e por poñer freo a unha circunstancia puntual”.

A praia de Agrelo, xunto coa de Loureiro, partía dunha situación moi complicada debido á súa característica de urbanidade, estando máis expostas a verquidos. Con todo, nos últimos anos, foron paliándose eses problemas e hoxe gozan de calidade de auga aptas para o baño. 

30 de xullo de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.