publicidade hoxe

A posta en marcha do Matadoiro érguese como prioridade do grupo de goberno municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Reunión para tratar o tema do Matadero

Reunión para tratar o tema do Matadoiro

A posta en marcha do Matadoiro é una prioridade para o actual grupo de goberno, tal e como o afirmaron dende o primeiro día que xurdiu esta problemática, que xa vai para os tres anos, e tal e como o comentaron cos extraballadores do mesmo, cos que o alcalde Francisco Fumega e o edil de promoción economica Adolfo Nogueira, mantiveron este venres unha reunión (contactos directos con eles foron sucedendose dende un princpio por parte tanto do alcalde como do edil Adolfo Nogueira).

Nesa reunión se lles comentou a estes extraballadores que están rematando de compilar os datos técnicos necesarios para elaborar o pliego e poder sacar a concurso estas instalacións, polo que nada máis se teñan eses datos se acelerarán o máximo as xestións, apurando canto a lei permita cada un dos plazos.

Nogeuira comentaba que existen empresa que xa se interesaron por estas instalacións, e polo tanto debense sacare a concurso canto antes. Ademáis tanto o alcalde como o edil carballiñés aseguraban que “se trata de crear unhas instalacións modernas, e con futuro, non d epoñer un parche. Somos conscientes de que hay moitas familias pendentes deste asunto, dende carniceiros ata os usuarios e , como non, os extraballadores que estñan nunha situación de desempleo e desamparo”.

Por elo, e por ser unha ferramenta para p fomento e a creación de emprego no carballiño, o alcalde sinalou este proyecto como unha das prioridades do actual grupo de goberno a resolver canto antes.

17 de xullo de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.