A Policía Local de Lalín inicia unha nova rolda de contactos con comerciantes para coñecer as súas necesidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, vén de dar instrucións á policía local para que inicie unha nova rolda de contactos con comerciantes da vila para coñecer de primeira man as súas necesidades. O obxectivo destas visitas é ter información constante e fluída das principais queixas, reivindicacións e suxestión de mellora dos comerciantes. Trátase, en definitiva, de  manter aberta “unha canle de comunicación permanente e directa que nos permita estar ao tanto das peticións do noso tecido comercial para ver que melloras se poden acometer dende o Concello”.

Os axentes da policía local empezaron esta nova serie de visitas “comercio a comercio” pola rúa Luís González Taboada e nos vindeiros días ampliaranse a outros puntos de Lalín. En palabras de Rafael Cuíña, esta iniciativa enmárcase “na vontade do Goberno municipal de facer unha verdadeira política de proximidade, un modelo ausente da vida municipal nos últimos anos e do que tan necesitado estaba o noso Concello”.  

20 de xullo de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.