A Policía Autonómica imputa aos responsables dun incendio forestal en Rede Natura
Axentes da Policía Autonómica da Xefatura Provincial da Coruña veñen de informar da imputación de dúas persoas coma presuntas autoras dun delito de incendio forestal no concello coruñés de Ferrol. O lume, rexistrado no lugar de As Pozas- Cobas, no concello de Ferrol, afectou a 4.000 metros cadrados de monte raso, atopándose dentro da zona especial de Rede Natura.
Para a extinción do incendio foi necesaria a intervención do persoal do Parque de Bombeiros de Ferrol. Polos feitos foron instruíron dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ferrol (A Coruña). Na campaña deste ano, a Policía Autonómica leva detidas ou imputadas un total de 33 persoas por delitos de incendios forestais.











