A Policía Autonómica imputa aos autores de dous incendios forestais en Rois e A Pastoriza
Axentes da Policía Autonómica de Santiago veñen de informar da imputación dun home como presunto autor dun incendio forestal na parroquia de Buxán, concello de Rois, A Coruña. O incendio afectou a unha superficie 1.000 metros cadrados de superficie rasa e 2.000 de superficie arborada. É de destacar que foi necesaria a intervención dos servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia.
A imputaciòn levouse a cabo grazas á colaboración existente entre os axentes autonómicos e as Brigadas de Investigación sobre Incendios Forestais (BIIF), cuxo persoal depende da Consellería do Medio Rural e do Mar. Por estes feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Padrón.
Lume en A Pastoriza
Doutra banda, os axentes da Policía Autonómica de Lugo informaron da imputación doutro presunto autor dun incendio forestal, neste caso no concello de A Pastoriza.
O lume que se lle imputa, aconteceu na parroquia de San Pedro de Fiz e afectou a unha superficie de 19.200 metros cadrados de monte raso. As correspondentes dilixencias foron elevadas ao Xulgado de Instrución nº 2 de Mondoñedo.
No que levamos de ano, a Policía Autonómica leva imputadas xa a 35 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.